jueves, 21 de abril de 2016

DOCUMENTO : FERNAN YAÑEZ DE SOTOMAYOR ( AÑO 1433 ).

                    Donación de Fernán Yañez Sotomayor ( AÑO 1433)


      Eno Nome de Deus. Amén. Ano do Nacemento de Noso Señor Jesuchristo de mil e quatrocentos e trinta e tres anos, vinte e un días do mes de Setembre:


      Sabean todos que eu Fernán Eans de Soutomaior, filio lexítimo de Pedro Alvarez de Soutomaior, a quen Deus dé Santo Paraíso, por min e por todas mías vozes e erdeiros que despois de min beeren, e socederen, e erdaren as mías térras e fortalezas, e señoríos que agora a min perteezen de dereito, por quanto eu teño ordenado eno Moesteiro de san Domingo de Pontevedra por onrra de meu linaxe ena Cápela grande principal do dito Moesteiro pra as sepulturas demeus abós Alvaro Paz de Soutomaior e sua molier. 


     Doña Maior de Grez e de Moscoso, pra miña madre Doña Elvira de Bema e pra min, eso mesmo que se fazen asi quatro moimentos das quales quatro sepulturas son xa asentadas ena dita Cápela grande os tres moimentos según que mais claramente todo esto se conten en um cotracto que eu outorgei con o Prior e convento do dito Moesteiro por ante Notario publico, e por tal maneira que os ditos meus abóos, e padre, e madre, e meu linaxe, e eu con elles axan suas almas e a mía salvazon pra sempre e no Santo Paraíso, e dem lis que axamos parte e quiñón de todas las Misas corás, e ben que se ata aquí fezeron,

    e celebraron, e fezeren, e diseren daqui en diante de cada dia eno dito Moesteiro, e eu satisfacendo, mais, e adeudo eno ben e esmolda, a alende de que hey dada, e outorgada ao dito Mosteiro, por las almas dos ditos defuntos de mía propia e libre boontade, dou e outorgo, en pura e libre doazon pra sempre jamáis a o dito Mosteiro de san Domingo e aos flaires e convento del que agora son e foren de aqui adiante todo o pan e viño e diñeiros, foros e loitosas, e as outras direituras que eu hey de haber e a min perteezen eno meu Casal de Gruncheiras, en que agora mora Gonzaivo de Gruncheiras, que he sito ena freiguesia de San Salvador de Coiro, que he en térra de Morrazo, e mais noventa 

    maravedís, de moeda bella branca en tres diñeiros que eu hey e me perteeze de haber cada ano eno Casal de Parada que ora ten Joan Namorado, morador e na dita villa de Pontevedra que he sito ena freiguesia de San Martirio de Salceda, ficando a saluo a min, e a mias vozes e erdeiros os servizos e seiiorio dos ditos lugares, e que o dito Moesteiro axa e erde para sempre as ditas direituras de pan e viño e diñeiros por los ditos lugares que rendan a o dito Mosteiro cada ano, según que dito he, e contentándose o Prior e fraires que agora son ou foren ao adiante do dito Moesteiro, según que dito he, que asi o axan e leben 

   pra sempre sen meu embargo e de meus erdeiros, e dou poder complido ao Prior e fraires do dito Moesteiro que por sua propia autoridade posan entrar, e receber, e recaudar todo esto que dito he, e facer de todo elo e, en elo todo quanto eu faría e facer podria, seendo presente, e por tal condizon que o dito Moesteiro non o posa vender nen en outra parte concambear nen traspasar en outra parte, mais que rendan para sempre ao dito Mosteiro por la miña alma e dos ditos defuntos,

      segundo que dito he, e prometo e outorgo de non rebocar, nen toller, nen hir, nen pasar contra esta doazon, nen dizer, nen alegar o contrario, eu nin miñas vozes, sub obligazon de meus beens que para elo obligo, e so pena de quinentos frolins douro do cuño do Reino de Aragón que outorgo de peitar por pena ao dito Mosteiro, se eu, ou meus erdeiros, contra esto foremos, e o asi non teber, e comprir, ou o contradizer en qualquer maneira, ou por qualquer razón. 

       A qual pena pagada ou non toda via este dito contracto e as cousas en el conteudas fiquen firmes e vallan para sempre: e eu o Doctor Frei Pedro de Salnés, Prior do dito Mosteiro, que presente son en nome do dito Mosteiro e pra el, asi resebo a dita doazon, segundo que dito he, feita e outorgada ena dita villa de Pontevedra, era, mes e dias sobreditos; testemoias que foron presentes Afonso Garcia Dardan, escudeiro do dito Fernán Yans, e Don Fray Juan Laan Abade do Moesteiro de san Salvador de Lerez, e Fernán Pérez Notario da dita Vila, e Gómez Garcia Básalo del Rey e Alvaro González escudeiro morador ena dita vila con outros. 


     E eu Joan de Santa Maria, Notario público jurado da vila de Pontevedra por la iglesia de Santiago, a todo esto que dito he con as ditas testemoias presente fui e o escrivi, e aqui meu nome e signo poño=en testemoio de Verdad=Juan de Santa María.


                                                              FUENTE:


                                           HISTORIA DEL CONVENTO 

                                DE SANTO DOMINGO DE PONTEVEDRA (AÑO 1942).


                                               AURELIANO PARDO VILLAR  


https://ia802500.us.archive.org/21/items/historiadelconve00pard/historiadelconve00pard.pdf




No hay comentarios:

Publicar un comentario