sábado, 2 de noviembre de 2013

O MADRUGAR DE DON PEDRO.

                          Viva la palma,
                         Viva la flor,
                         Viva, viva, Pedro Madruga,
                         Pedro Madruga de Soutomaior

  Faría calquera a pregunta pra saber quen era este Pedro Madruga. Pedro era
un fillo bastardo de Fernán Yáñez de Soutomaior e de unha dama da familia
Zuñiga, da Casa de Monterrei. 

   Seu medio irmán, Alvar Páez, fillo lexítimo de Fernán Yañez sería o herdeiro de todos os bens, quedando Pedro sen nada, e estudiaría pra crego. 

   Repentinamente cambea a situación pola morte de Alvar Páez, o herdeiro. 
Hai que presumir que Don Pedro procuraría n veg r sempre con vento a favor, e consigue que El rei Enrique IV en 1468 otorgue a lexitimación pros bens da Casa de Monterrei, e así, dono das herencias, procura conseguir millor posición política, e tiña que fixar os límites guiándose polo canto do galo e así sairían da casa no terceiro canto, e no lugar do encontro poñerían o punto por onde pasaria o límite dos dominios dos litigantes o galo de Soutomaior cantou moi cedo e por eso cando o rival saía, chegaba Don Pedro as súas portas e díxolle por todo saúdo: madrugas Pedro, Madrugas, pero tamén pudo ser a madrugada un adianto na rnatanza de algún enemigo apoiándose no consello: madruga y mata primero.

   Queda nas historias un tanto populares da miña terra cotobadesa as madrugadas pra chegar perto do castelo de Tenorio. Saía de Soutomaior e inda con noite subía deica Ponte Caldelas que pasaba rompendo o día pra chegar a Borela polo camiño do Pe da Mua e pola ponte de Almofrei baixando á percura da rendición do Castelo.

     A resistencia motivou unha retirada pero non tardaría en volver.

    Dende o monte do Castro de Famelga vese a Peneda e a ria de Vigo e unha
cacharela no castro da Peneda informaba dun peligro de piratas na rias e a
alarma transmitíase axiña a varias aldeas, A fortaleza de Castrizán podía tamén usar de información por medio de unha fumarada.

    Non esquecemos os madrugóns de Don Pedro agora camiño de Portugal
consecuencia da Guerra lrmandiña. Don Pedro simpatiza co monarca portugués
e casa con dona Teresa de Tábora da que tuvo sete fillos; a semellante
regalo familiar hai que xuntar un fillo que din que tivo en Ceraxe, lugar da
parroquia de Augasantas en Cotobade. 

    Veleiquí un novo camiño a un lugar situado na encosta do monte de Penelas que baixan as augas pro rigueiro de Barbeira que vai dar o río Verdugo. 

    Un oficial da guardia de Pedro casou cunlra moza de Ceraxe. Tamén pra facer estas visitas de tanta cortesía seguro que madrugaba noutro lugar pra descansar nos de pasatempo. 

     Das noites lendas de Pedro Madruga algo tocará a Ceraxe. Cando subía de Soutomaior a Augasantas tiñan que cruzar a parroquia de sur a norte deica Famelga o barrio nráis septentrional da parroquia e dende Campodanta polo vello camiño ia pola Escorregada deica a Graña pra seguir a Tenorio ou a Pontevedra por Bora e Mourente. 

    Loitador de oficio con diferente fortuna; duro pra con Bispos, Arcebispos e Señores loita a favor de Dona Xoana contra Dona Isabel e por tal liorta os bens pasan ó seu fillo; o pai protesta e maldice ó fillo e vai a Alba de Tormes, en 1,486 buscando axuda real e non atopou máis que a morte e ninguen sabe como nen de que doencia. 

    O cronista di que uns afirman que foron os carbúnculos e outros que foi o alcalde de  Proiano que entrou onde descansaba, e aforcouno botándolle un garrote ó pescozo. 

    A tal señor tal honor, af"a setia de moitas maneiras, algo semellante ó que di o
romance na defensa de Bellido Dolfos: el matador fué Bellido /y el impulso
soberano/ A Peneda é agora un dos santuarios de máis fama da provincia e
o castelo de Soutomaior un lugar moi digno de ser visitado e vexan o que
dixo un viaxeiro moi curioso de ver as cousas importantes que atopaba polos
camiños de Galicia, Frei Martin Sarmiento: "Aqui hay también un monte altisimo con-ro pirámide y llaman la Peneda. 

      En lo alto hay ruinas de un castillo, y hoy hay una nueva ermita de Nuestra Señora que llaman da Peneda. Este monte deja casi al poniente la ria de Vigo y casi al oriente Souto Mayor. La Ynsua y la jurisdición de Souto Mayor y por el medio de la feligresia de Soutonrayor sube la ría de Ponte San Payo y el río hasta Earopo, tres cuartos de légua muy cerca del principio de la Ynsua o de la confluencia de los ríos Caldelas y Anceu.

     Souto Mayor. Pasé por lo alto para ver el castillo, Castillo, Torres y Casa del
Duque de Souto Mayor. Vile y entré en é1. Es fuerte, antiguo, pero ya muy
arruinado. 

   Tiene cuatro piezas, culebrinas de bronce, pero sin cureñas. 

   A la entrada, a la izquerda, en un peña hay esto Tuy. 

    A la esquina oriental se hallan muchas piedras y en cada una, una sola letra en el medio, que acaso serían señales de los pedreros para la coordenación de las piedras Frei Martín Sarmiento fai este viaxe o ano 7745.

    Parece que en determinado nlomento vendíase o castelo e ofreceronllo ó Conde de Covelo que foino ver e ensináronllo con todo detalle e baixaron con él ó calabozo. 

    O conde pensando que desexaban prendelo e cobrar rescate, sínteo así como as formigas  nas costas e nas pernas e apurou os pasos pra deixar o castelo inda que porfiasen pra que vise algo que inda non vira. 

    Saieo pensando no triste fin de Pedro Madruga e lembrou a sentencia do boticario cando el lle dixera que precisaba nradrugar máis pra vir pola medicina; o boticario engolando a voz dixolle esta sentencia en castelán, o Conde de Covelo falaba portugués: Ni por mucho madrugar amanece más temprano.


                 Por Antón Fraguas Fraguas

                                          FUENTE:



No hay comentarios:

Publicar un comentario